Monday 29 de April de 2024

O Colón galego será obxeto dunha conferencia e unha exposición no Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira


O Centro Cultural Lustres Rivas vai dar cabida o vindeiro 12 de febreiro a unha conferencia e unha exposición centradas na figura de Cristóbal Colón e a súa vinculación con Galicia.

Coorganizada polo Concello de Riveira e a Asociación Galega de Arte e Cultura (AGAEC), esta acción dará comezo ás 20 horase constará en primeiro lugar da charla “La identidad de Cristóbal Colón” a cargo de Alfonso Philippot Abeledo, autor da obra do mesmo título publicada en 1991. A continuación (21 horas aproximadamente) terá lugar o acto inaugural da exposición “A mar océana (O Colón galego).

De pai italiano e nai galego, Alfonso Philippot Abeledo naceu en Vigo en 1931, cursou estudos na Escola Oficial de Náutica da Coruña e é capitán da Mariña Mercante. É un experto na chamada “ruta de Colón” e é un férreo defensor da orixe galega do descubridor fronte aos xenovistas.